martes, 7 de octubre de 2014

A Oficina de Dereitos e Deberes Sociais

¿Que é?

A Oficina de Dereitos e Deberes Sociais (ODDS, en diante) é  un proxecto de reivindicacións de carácter socio-económicas polo que se pretende dar a información máis axeitada para guiar ao cidadán co obxectivo de  que teña coñecemento dos cauces legais para unha mellor xestión dos deus Dereitos e Deberes ante as Administracións e Organismos.

¿Que persegue?

Ante a actual situación de crise socio-económica e laboral esta ODDS pretende dar información veráz e fidedigna ao cidadán que se atope sobre todo en situación de Risco de Pobreza e Exlcusión Social.

¿Quen pode recurrir a ela?

Todo cidadán sen distinción de sexo, raza ou relixión que precise un mellor asesoramento para as súas xestións ante a Administración ou Organismos

Exemplos de Dereitos e Deberes Sociais:

- Campaña de Información sobre o abuso das entidades bancarias no cobre de Comisións de manteñemento ás PNCs (Pensións Non Contributivas), Pagas de Xubilados e ás percepcións mensuais que pola súa cantía sexan consideradas coma non contributivas.

- Campaña para a gratuidade de Citas Previas tanto na Seguridade Social coma no INEM. Dende Boa Vida consideramos que coa privatización destes organismos a Administración Pública dase permisividade nalgúns casos a Entidades Privadas que se lucran coa Xestión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario