viernes, 31 de octubre de 2014

A Revista En Rede de Traballo Social publicará este artigo escrito por Pepa no seu número do mes de marzo

Nome: Asociación Boa Vida Inclusión Activa.
Quen son? Un grupo de persoas con problemas de todo tipo, en situación de vulnerabilidade social, e os técnicos que as acompañan.
Onde están? En Pontevedra, pero para non ter perda o mellor é buscalos en boavidainclusionactiva.blogspot.com ou chamar ao 886 160950
Que fan?Traballan para diminuír as desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades, a través da formación e o traballo en equipo
A asociación nace como froito do traballo social realizado no Equipo Municipal de Inclusión Social do Concello de Pontevedra (pechado hai 3 anos) detectada a necesidade de ter apoio moral dun grupo de persoas en situación de pobreza e exclusión social, que non ía volver ao mercado laboral “tradicional”,  que xa pasara por procesos formativos, e que decide compartir e crear saberes novos, comezouse a traballar elaborando unha lista de temas que cada persoa expoñía, e así xerouse a dinámica de encontro.
Dende abril do 2014 é entidade prestadora de servizos sociais.
Algunhas das claves foron a toma de conciencia, de sermos conscientes de que as causas da situación de pobreza non son culpa nosa. De non sabernos soas, e sentírmonos acompañadas.
A base do traballo é a formación-acción participativa, con dúas áreas principais:
A oficina de Dereitos e Deberes Sociais, no que se encadra a información, formación e a realización de itinerarios de inclusión social e laboral (no ano 2014 financiados pola Consellería de Traballo e Benestar a través do Fondo Social Europeo). Asemade conseguiuse unha cesión durante 2 anos de catro vivendas, nunha delas residen duas persoas en comunidade ao tempo que se deseña o modelo de apoio a persoas sen vivenda ou con vivendas precarias, noutra instalaronse as oficinas e unha aula de usos múltiples pensada para actividades de día e as outras dúas están en proceso de rehabilitación e xa se iniciou actividade avicola, que conecta coa participación nun proxecto de microhortas que iniciou Caritas na cidade.
O Proxecto Boa Vida Trapera dedicase á recollida e recuperación de roupa e calzado, co fin de xerar ingresos, atopase na primeira fase de investigación participativa na que se fai o proxecto de viabilidade ao tempo que se realiza a actividade a modo de práctica. Esta actividade está apoiada por Traperos de Emaús de Navarra.
Forman parte da EAPN (Rede galega de loita contra a pobreza) e puideron iniciar esta andadura grazas ao compromiso das persoas en situación de pobreza, ao traballo deseinteresado dos técnicos e nos últimos meses a sete persoas que prestaron 8000 euros para poder iniciar as actividades que financia a Consellería de Traballo e Benestar e que ingressou a mitade ao xustificar o inicio das actuacións e a outra mitade no 2015.

Dado o primeiro paso queda camiñar e asentar un proxecto que como pode verse precisa da colaboración desta profesión tanto a nivel técnico como económico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario