viernes, 20 de febrero de 2015

MEMORIA 2014

MEMORIA 2014
PRESENTACIÓN

Durante este ano foi clave o traballo en equipo, o esforzo que fixeron as persoas en situación de exclusión, de aprendizaxe, de traballo físico e de supervivencia sen recursos, sen eles nada disto sería posible.

Neste equipo, tamén están técnicos e voluntarios que acompañan, traballan e sobreviven no desemprego; coa forza duns e doutros construímos día a día Boa Vida. Neste resumo temos presente o camiño andado, para seguir avanzando

Grazas por prestarlle atención.

Dividimos a memoria en catro bloques:

1- Xestión xeral.
2- Oficina de Dereitos e deberes sociais.
3- Boa vida trapera
4- Informe económico.

1-XESTIÓN XERAL

Con 7 asembleas extraordinarias e 3 xuntas directivas ampliadas múltiples reunións dos grupos de traballo construímos o equipo de traballo
Das 20 actuacións xerais que rexistramos na memoria completa, destacamos aquí, o recoñecemento como entidade prestadora de servizos sociais por parte da Xunta de Galicia, e a cesión das vivendas da rúa Santiña por parte da Construtora Abal como as dúas claves do éxito do traballo deste ano.

Nesa mesma liña os acordos de colaboración con organizacións sen ánimo de lucro especialmente o grupo
de consumo A Gradicela fixeron posible que o que se presenta a continuación fose posible.

Quédanos pendente a resposta á solicitude de entrada na Rede Axuda por parte do Concello de Pontevedra.

2- OFICINA DE DEREITOS E DEBERES SOCIAIS

Actividades educativo - formativas. Das sete actividades realizadas destacamos aquí os itinerarios personalizados de inserción e os cursos de formación en recollida selectiva e reciclaxe téxtil financiados por: 






Actividades informativas
Estas estiveron centradas na ILP pola renda básica e nas Marchas da Dignidade, no 17 de outubro día internacional de loita contra a pobreza, acompañadas de informacións varias sobre o dereito á unha atención respetuosa na administración pública, a vivenda e o mundo laboral.

Actividades Reivindicativas
Preparamos unha campaña sobre chamadas gratuítas a servizos obrigatorios (SEPE e SERGAS) e outra sobre comisións bancarias 0 a persoas perceptoras de rendas mínimas. A participación na EAPN (Rede Galega de Loita contra a Pobreza) que nos facilita voz e presenza na sociedade tanto nos encontros como na difusión da exposición Pobreza Prioridade I.

3- BOA VIDA TRAPERA

Este proxecto conta coas seguintes áreas de traballo, difusión, charlas, atención telefónica, organización e realización de recollidas, almacenaxe e selección, estudo do mercado, e rastro de Nadal.

Un equipo de 8 persoas iniciamos no mes de abril as recollidas, unha delas aportou a súa furgoneta, e xuntos traballamos para recoller, 8080 kg de roupa, calzado e xoguetes, un total de 419 recollidas, un 55% de persoas particulares que se achegaron á rúa cruz vermella 16, a traer unha media de 5 kg de roupa e calzado, é dicir tres bolsas. O 45% restante foron recollidas a domicilio cunha media de 10 kg por persoa.

Con estes resultados demostramos que somos capaces de recoller e rendabilidar o noso traballo.

Rastro de Nadal

Do 9 de decembro ao 6 de xaneiro puxemos en marcha a experiencia piloto do Rastro Solidario, conseguimos seleccionar e organizar un rastro que permitiu practicar e coñecer a acollida por parte da cidadanía desta iniciativa pioneira na que as propias persoas en situación de exclusión recibiron a axuda directamente e froito do seu propio traballo. Os resultados foron tan bos que estamos estudando ter un rastro solidario aberto permanentemente.

4-INFORME ECONÓMICO







Datos asociación

 Mais información:
Oficinas a Santiña: Luns a xoves: 9:30 a 13:30 e Martes de tarde: 16:30 a 17:00
Locais de recollida: Cruz Vermella 16, de luns a venres de 10 a 12 e martes de tarde
Telf: 886 160 950 e 691 201 517.
 Mail: itinerariosboavidainclusion@gmail.com
Tamén  en     boavidainclusionactiva.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario