lunes, 25 de mayo de 2015

Xente Pobre en Terra RIca



O Quinteiro Do Umia fixo recentemente esta reportaxe sobre a pobreza, invitámosvos a velo polo tanto por ser un tema de grande interese, coma polo seu enfoque e tratamento da información.

Pepa Vázquez fala sobre a pobreza neste documental e tamén sobre Boa Vida ‪#‎Inclusión‬ Activa

VI ENCONTRO PARTICIPACIÓN E CIDADANÍA INCLUSIVA 2015 NA EAPN

VI ENCONTRO PARTICIPACIÓN E CIDADANÍA INCLUSIVA 2015 NA EAPN

Por cuarto ano consecutivo, o pasado sábado 16 de maio participamos no VI Encontro de Participación e Cidadanía Inclusiva da EAPN.





Tivemos a oportunidade de compartir e contar a nosa experiencia xunto coa do Plan Comunitario de Teis, Barrios Abertos de Compostela e Cáritas Bizkaia.

Foi unha experiencia de grande aprendizaxe para nós e tamén de participación da que saímos moi satisfeitos e contentos.

Participamos igualmente dos obradoiros que nos permitiron coñecer outras entidades e persoas que están na rede e ao mesmo tempo reflexionar sobre a importancia da incidencia política se queremos ser visibles e que se nos teña en conta.


Seguiremos participando na EAPN, na nosa comunidade, facendo incidencia política para que Concello de Pontevedra nos teña en conta, xa que traballamos no día a día para mellorar a calidade de vida das persoas e para a defender os dereitos cidadás que a administración ten a obriga de facer cumprir, independentemente de cal sexa a situación persoal, social ou económica de cada quen.


sábado, 9 de mayo de 2015

O 9 de maio BOA VIDA únese con AMARANTE SETEM ó Día Mundial do Comercio Xusto que se centra nas inxustizas do téxtil

Outro xeito de confección e consumo son posibles

  “Tira do fío” é a lema do Día Mundial do Comercio Xusto que se celebrará o vindeiro sábado 9 de maio en AMARANTE SETEM en Pontevedra. A xornada destacará as inxustizas que esconde a elaboración de artigos téxtiles, un sector moi potente economicamente -só en España cada persoa gasta ao ano 437 euros en roupa- e que exemplifica de xeito claro as consecuencias negativas da globalización e no que se producen numerosas violacións de Dereitos Humanos.

 En Pontevedra, a celebración consistirá en visibilizar as inxustizas do téxtil e amosar que existen alternativas a un modelo tan explotador como insustentable. Para iso desde o 9 de maio -día da inauguración- e durante unha semana contaremos na tenda de AMARANTE unha mostra de roupa feita con criterios de comercio xusto,  ecolóxico, local, reutilización e economía social.  

Onde as persoas que compren roupa gozarán de estupendos descontos promocionais.

 Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), só entre os anos 2010 e 2011, tiráronse 745 toneladas de roupa e residuos téxtiles en Galicia.


ACTIVIDADES:

Maio do 9 ao 16 na tenda de AMARANTE (r/San Román, 09): contaremos coas seguintes iniciativas:

 Feita en organizacións de comercio xusto da India e de Nepal: vestidos de algodón ecolóxico, camisas e pantalóns de algodón e seda

 Feita en Galicia:

Rodopio de Santiago: roupa con fibras naturais e residuos téxtiles de forma artesanal para nenos/as de 0 a 7 anos
 - A Cestola na Cachola de Lalin: cooperativa que deseña e fai camisetas con algodón  ecolóxicas
 - O Tatán de Ourense: deseños de roupa para muller todo en ecolóxico e/ou reutilizados
 - Boa Vida de Pontevedra: asociación de inserción de persoas en risco de exclusión con roupa de segunda man.
Tamén proxectaremos vídeos documentais sobre organizacións do Sur que elaborasen a roupa que estará exposta durante toda a semana


 En xuño contaremos cunha 2º actividade: a mediados de xuño traballadoras de Marrocos estarán en Galicia para visibilizar e denunciar as condicións de millóns de mulleres que traballan en condicións de explotación no sector téxtil, e contarán a situación en Marrocos sobre a ausencia de dereitos sindicais e laborais e a súa demanda sobre salarios dignos.

¡Agardámoste!