miércoles, 2 de septiembre de 2015

Volta ao cole


Presentámoslle a campaña volta ao cole, onde poñeremos a disposición das familias material escolar, roupa, calzado de segunda man, dende 1 euro

Ademais, con calquera compra realizada dende o 1 ao 30 de setembro sortearemos unha bonita cesta de xoguetes (peluches, xogos educativos, libros) e xogos de mesa para que os nenos e nenas gocen neste Nadal.

Podemos aforrar na volta ao cole dos nosos fillos e axudar a moitas persoas. Aproveita e déixanos o que xa non necesites, cos fondos recadados facilitamos a inserción laboral e social de persoas en dificultade da nosa cidade.


Axúdanos a difundir a mensaxe e ven a coñecer a nosa tenda solidaria na Rúa Cruz Vermella, 16, onde as túas compras axudan a moitas persoas!

Bases do sorteo:

Sorteo: Cesta de xoguetes pola campaña Volta ao Cole 2015 de Boa Vida.

Participantes: Clientes da Tenda Solidaria de Boa Vida por cada compra completa realizada entre o 1 e o 30 de setembro de 2015.

Procedemento: Cada cliente recibirá un tícket cun número e unha cor por cada compra que realice nesas datas. Pudendo un mesmo cliente ser posuidor de varios números de realizaren varias compras neste período.

A cada cliente lle serán solicitados os seguintes datos persoais: nome, apelidos, DNI e teléfono a efectos de comunicar o premio, sempre poderá renunciar a dar os seus datos se o prefire.

O sorteo realizarase o venres día 2 de outubro seguindo o procedemento de bombo e man inocente e será gravado por cuestións de transparencia. Este vídeo estará a dispor dos clientes previa solicitude por escrito.

Nos comunicaremos unha soa vez co gañador, publicarase no facebook, blog e na carteleira da Asociación. Se pasada unha semana o gañador ou gañadora non reclama o premio pasará ao seguinte número consecutivo da mesma cor e así sucesivamente.

En cumprimento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os datos que sexan recollidos nesta campaña están incluídos nun ficheiro automatizado, cuxo fin é a prestación de servizos por parte da Asociación FISA Boa Vida. Se desexa exercer o dereito de acceso, rectificación ou cancelación, dirixa un escrito á Asociación Filantrópica de Inclusión Social Activa Boa Vida, rúa San Mauro, 40. Pontevedra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario