domingo, 13 de diciembre de 2015

PRESENTACIÓN GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS

COMO MANEXARSE NO LABIRINTO BUROCRÁTICO PARA ESIXIR OS NOSOS DEREITOS.


O mércores 16 de decembro ás 20:00 na Epa de Pontevedra (escola de adultos) na Avda. Bos Aires 22-23 - Pontevedra.
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia - Vigo presentarannos a súa Guía de Axudas Sociais.
Esperámosvos!



Subscribimos a súas palabras e admiramos a súa labor de loita.

Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!
O empobrecemento, o desemprego, a precariedade, as pensións de miseria, a cesta da compra que non para de subir, a vivenda entendida como un ben de consumo, colócannos fronte a serias
dificultades para atender as necesidades máis básicas. Isto fai que moitas persoas nos vexamos en graves problemas para cubrir os mínimos para a vida: alimentación, vivenda, saúde...
Estas situacións estannos obrigando, a moitas de nós, a acudir aos chamados “servizos sociais” na procura de axuda, solución, ou, ás veces, dese milagre que precisamos para satisfacer as nosas necesidades básicas.
A realidade amosa que o que debería de ser un acceso seguro e transparente a un servizo público (como a sanidade ou a educación) convér tese, de feito, nunha “carreira de obstáculos” onde desgraciadamente é preciso ir informada de antemán, coñecer os nosos dereitos, saber o que dicir e o que non se “permite” facer etc.
A continuación deixamos indicacións, consellos, pautas... que consideramos útiles para aquelas persoas que pensan acudir ou xa tiveron contacto co mundo dos servizos sociais.
Para nós esta guía é unha ferramenta máis coa que loitar polo dereito a unha vida digna para todas as persoas.
Coia, decembro 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario