sábado, 24 de enero de 2015

Asemblea 2015 21 de febreiro

Asembela 2015

Estamos preparando a asemblea anual ordinaria

¿Que che parece a proposta? ¿Queres Podes votar unha man?.

2- Proposta asemblea anual ordinaria 2015. Sábado 21 de febreiro.

Proposta de Lugar: Arroelo c/Michelena 11, (hai que levar cadeiras)

09:30. Acollida e acreditacións.

10:00. Presentación da memoria 2015

11 mini descanso café e pitillo e atención á prensa.

11:20 Presentación de propostas a debatir para a tarde.

12:20 Queda de palabras.

13:00 Saída de visita á rúa Santiña pasando polo local da rúa Cruz Vermella.

14:00 Comida solidaria. Sopa e bocata. Na rúa Santiña

16:00 Inicio dos catro grupos de traballo. 30 minutos.

16:30 Posta en común exposición de cada grupo 30 minutos.

17:00 Recollida de conclusións votación de acordos.

18:00 Peche
 Proposta grupos de traballo:
1- Xestión interna e programas
Misión visión e valores . Comunicación interna e externa
Recursos humanos
ODDS- Programas sociais.
Oficina de información.
Itinerarios.
Formación continua
2- Xestión económica
Deseño estratéxico da xestión.
Busca de financiamento
Relación coas diferentes áreas de traballo
3- Boa Vida Trapera. 
Almacén e recollidas
Rastro solidario
Obradoiro permanente

viernes, 16 de enero de 2015

Breve valoración do rastro solidario de Boa Vida

O 9 de decembro abrimos un rastro solidario na Rúa Cruz Vermella nº16 que permaneceu aberto ata o día 5 de xaneiro.





O proxecto enmárcase dentro de Boa Vida Trapera polo que se pretende facilitar a inserción social e laboral de persoas en situación de risco de exclusión social e/ou con dificultades no ámbito socia e laboral que pertencen a asociación.

Supón unha oportunidade de aprendizaxe diario na atención ao público, a xestión da tenda (caixa, reposicións...) e xestión do almacén (recepción de roupa e obxectos de segunda man, selección de ditos obxectos e venta).

Resultou unha experiencia moi positiva grazas ao esforzo de todas as persoas implicadas, á súa disposición para aprender e mellorar e a súa actitude de superación.

O rastro supuxo tamén unha oportunidade de poder acceder a roupa, calzado, xoguetes, libros e outros obxectos para persoas con poucos recursos xa que os prezos oscilan entre 0.5€ e 10€ estando o prezo promedio en 3€.

Temos que decir que o proxecto tivo moi boa aceptación por parte dos veciños da cidade que se achegaron tanto a mercar como a doar roupa e outros obxectos.

Fixemos unha estimación de venta diaria de 50€ que se superou dende o primeiro momento o que nos vai permitir ter un fondo para seguir traballando no próximo ano e para crear unhas bolsas polas que se compensen os gastos derivados do transporte e o tempo adicado polas persoas que estiveron aprendendo, na tenda, durante este periodo dun mes de xeito voluntario.

Os compañeiros que están a levar a tenda din cousas como que esta tenda é unha motivacion para erguerse todas a mañáns, é unha ilusión e un orgullo poder participar dela.


Por último queremos volver a agradecer todo o apoio mostrado tanto polos nosos veciños da cidade así como dalgunhas tendas que nos doaron libros e roupa, as persoas que nos apoiaron como voluntarias e tamén dos medios que estiveron pendentes de nós.

Unha aperta