viernes, 20 de febrero de 2015

Publicación na Revista Galega de Traballo Social



Pepa Vázquez escribe na revista de traballo social Fervenzas e conta a experiencia de Boa Vida dentro da sección En Rede (páxina 159)

A asociación Boa Vida está constituída por persoas en situación de vulnerabilidade social, e os técnicos que as acompañan traballan para diminuíras desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades,a través da formación e o traballo en equipo.
Boa Vida, nace como froito do traballo social realizado no Equipo Municipalde Inclusión Social do Concello de Pontevedra (pechado hai 3 anos).
Detectada a necesidade de ter apoio moral dun grupo de persoas en situación de pobreza e exclusión social, que non ía volver ao mercado laboral “tradicional”,que xa pasara por procesos formativos, e que decide compartir e crear saberes novos, comezouse a traballar elaborando unha lista de temas que cada persoa expoñía, e así se xerou a dinámica de encontro.
Dende abril do 2014 é entidade prestadora de servizos sociais.
Algunhas das claves foron a toma de conciencia por parte das persoas do grupo, de ser conscientes de que as causas da situación de pobreza non son culpa delas. De non saberse soas, e sentirse acompañadas. A base do traballoé a formación-acción participativa, con dúas áreas principais:

1. A oficina de dereitos e deberes sociais, na que se encadra a información, formación e a realización de itinerarios de inclusión social e laboral (no ano 2014 financiados pola Consellería de Traballo e Benestar a través do Fondo Social Europeo). Así mesmo conseguiuse unha cesión durante 2 anos de catro vivendas, nunha delas residen dúas persoas en comunidade ao tempo que se deseña o modelo de apoio a persoas sen vivenda ou con vivendas precarias, noutra instaláronse as oficinas e unha aula de usos múltiples pensada para actividades de día e as outras dúas están en proceso de rehabilitacióne xa se iniciou actividade avícola, que conecta coa participación nun proxecto de microhortas que iniciou Cáritas na cidade.
2. O proxecto Boa Vida Trapera dedícase á recollida e recuperaciónde roupa e calzado, co fin de xerar ingresos, atópase na primeira fase de investigación participativa na que se fai o proxecto de viabilidade ao tempo que se realiza a actividade a modo de práctica.
Esta actividade está apoiada por Trapero de Emaús de Navarra.
Forman parte da EAPN (Rede galega de loita contra a pobreza) e puideron iniciar esta andadura grazas ao compromiso das persoas en situación de pobreza, ao traballo desinteresado dos técnicos e nos últimos meses asete persoas que prestaron 8.000 euros para poder iniciar asas actividades que financia a Consellería de Traballo e Benestar e que ingresou a metade ao xustificar o inicio das actuacións e a outra metade no 2015.
Dado o primeiro paso queda camiñar e asentar un proxecto que como se pode ver precisa da colaboración desta profesión tanto a nivel técnico como económico.
A asociación ten a súa sede en Pontevedra. Podes atoparnos en:
boavidainclusionactiva.blogspot.com
Tfno.: 886 160 950

Na seguinte ligazón podedes ler o artigo completo
http://www.traballosocial.org/web/images/stories/Fervenzas_17.pdf

MEMORIA 2014

MEMORIA 2014
PRESENTACIÓN

Durante este ano foi clave o traballo en equipo, o esforzo que fixeron as persoas en situación de exclusión, de aprendizaxe, de traballo físico e de supervivencia sen recursos, sen eles nada disto sería posible.

Neste equipo, tamén están técnicos e voluntarios que acompañan, traballan e sobreviven no desemprego; coa forza duns e doutros construímos día a día Boa Vida. Neste resumo temos presente o camiño andado, para seguir avanzando

Grazas por prestarlle atención.

Dividimos a memoria en catro bloques:

1- Xestión xeral.
2- Oficina de Dereitos e deberes sociais.
3- Boa vida trapera
4- Informe económico.

1-XESTIÓN XERAL

Con 7 asembleas extraordinarias e 3 xuntas directivas ampliadas múltiples reunións dos grupos de traballo construímos o equipo de traballo
Das 20 actuacións xerais que rexistramos na memoria completa, destacamos aquí, o recoñecemento como entidade prestadora de servizos sociais por parte da Xunta de Galicia, e a cesión das vivendas da rúa Santiña por parte da Construtora Abal como as dúas claves do éxito do traballo deste ano.

Nesa mesma liña os acordos de colaboración con organizacións sen ánimo de lucro especialmente o grupo
de consumo A Gradicela fixeron posible que o que se presenta a continuación fose posible.

Quédanos pendente a resposta á solicitude de entrada na Rede Axuda por parte do Concello de Pontevedra.

2- OFICINA DE DEREITOS E DEBERES SOCIAIS

Actividades educativo - formativas. Das sete actividades realizadas destacamos aquí os itinerarios personalizados de inserción e os cursos de formación en recollida selectiva e reciclaxe téxtil financiados por: 






Actividades informativas
Estas estiveron centradas na ILP pola renda básica e nas Marchas da Dignidade, no 17 de outubro día internacional de loita contra a pobreza, acompañadas de informacións varias sobre o dereito á unha atención respetuosa na administración pública, a vivenda e o mundo laboral.

Actividades Reivindicativas
Preparamos unha campaña sobre chamadas gratuítas a servizos obrigatorios (SEPE e SERGAS) e outra sobre comisións bancarias 0 a persoas perceptoras de rendas mínimas. A participación na EAPN (Rede Galega de Loita contra a Pobreza) que nos facilita voz e presenza na sociedade tanto nos encontros como na difusión da exposición Pobreza Prioridade I.

3- BOA VIDA TRAPERA

Este proxecto conta coas seguintes áreas de traballo, difusión, charlas, atención telefónica, organización e realización de recollidas, almacenaxe e selección, estudo do mercado, e rastro de Nadal.

Un equipo de 8 persoas iniciamos no mes de abril as recollidas, unha delas aportou a súa furgoneta, e xuntos traballamos para recoller, 8080 kg de roupa, calzado e xoguetes, un total de 419 recollidas, un 55% de persoas particulares que se achegaron á rúa cruz vermella 16, a traer unha media de 5 kg de roupa e calzado, é dicir tres bolsas. O 45% restante foron recollidas a domicilio cunha media de 10 kg por persoa.

Con estes resultados demostramos que somos capaces de recoller e rendabilidar o noso traballo.

Rastro de Nadal

Do 9 de decembro ao 6 de xaneiro puxemos en marcha a experiencia piloto do Rastro Solidario, conseguimos seleccionar e organizar un rastro que permitiu practicar e coñecer a acollida por parte da cidadanía desta iniciativa pioneira na que as propias persoas en situación de exclusión recibiron a axuda directamente e froito do seu propio traballo. Os resultados foron tan bos que estamos estudando ter un rastro solidario aberto permanentemente.

4-INFORME ECONÓMICO







Datos asociación

 Mais información:
Oficinas a Santiña: Luns a xoves: 9:30 a 13:30 e Martes de tarde: 16:30 a 17:00
Locais de recollida: Cruz Vermella 16, de luns a venres de 10 a 12 e martes de tarde
Telf: 886 160 950 e 691 201 517.
 Mail: itinerariosboavidainclusion@gmail.com
Tamén  en     boavidainclusionactiva.blogspot.com

martes, 10 de febrero de 2015

INVITACIÓN Á II ASAMBLEA ORDINARIA 2015

Bos días!
Dende Boa Vida, consideramos o traballo en rede fundamental para acadar a nosa misión de traballar para diminuír as desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades, a través da formación e o traballo en equipo.
Por isto, gustaríanos contar coa súa presenza na III asemblea ordinaria da que lle achegamos a orde do día.
Agradecemos que confirme asistencia.
Saúdos
Pepa Vázquez
Traballadora Social Coordinadora




                           Convocatoria III Asemblea Ordianria 2015

Lugar: Arroelo, Michelena 11, 3º Pontevedra
Data: 21-2-15
Hora: 9:30  

Convocados: Todos os socios en tempo e forma.
Institucións e persoas colaboradoras.

Orde do día horario previsto:

09:00- Acollida e acreditacións.
09:30 - Aprobación da acta da II asemblea ordinaria 2014.
10:00- Presentación da memoria 2015
11:00- Preguntas e descanso
11:20-  Presentación de propostas plan traballo 2015 a debater para a tarde.
12:20 Quenda de palabras.
13:00 Saída de visita á Santiña pasando polo local da rúa Cruz Vermella

14:00 Comida solidaria. Sopa e bocadillo na Rúa Santiña. Previa inscrición.

16:00 Grupos de traballo.
16:30 Posta en común de cada grupo
17:00 Recollida de conclusións e acordos.
18:00 Peche