jueves, 31 de marzo de 2016

Boa Vida ata o ceo

Aínda que ultimamente teñamos parado algo máis as redes sociais, individualmente e como equipo non hai quen nos pare!!
Seguimos traballando con máis ilusión se cabe polos pequenos grandes logros.
Renovamos a tenda eventualmente grazas ao poderío decorativo da nosa querida Jessyca.

                                                                                                                                                                   
Jessyca.Mariló y María.


Hoxe acabamos coa xustificación da subvención da Xunta (grazas Pepa!) a cal nos permitiu acompañar procesos de inclusión a persoas en situación de pobreza e exclusión, facilitándolles información de calidade e apoio psico-emocional para que poidan seguir loitando pola súa dignidade (grazas especiais a Aurora e Matilde neste traballo).
Con ganas, ilusión e moitos esforzos. Grazas ao equipo humano que compón Boa Vida e a todo o apoio que nos chega de diversas formas porque así dámoslle tamén forma ao noso obxectivo-proxecto de empresa de inserción.

Unha das nosas traballadoras sociais, Pepa Váquez.
 

O próximo 7 de abril é o primeiro aniversario da tenda. Estamos moi contentas de poder celebralo, aínda que nos falte unha persoa moi especial que nos deixou hai pouco (Lito) quen gritaba e loitaba con orgullo polo que sentía e cría xusto. Foi todo un apoio nos nosos primeiros pasos. Enchíanos de enerxía ler as súas palabras cheas de orgullo sobre a asociación e o que eramos para el. Querido amigo, alá onde esteas lembrarémosche sempre. Boa vida ata o ceo!

A persoa da dereita é o noso querido Lito.

Unha aperta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario