martes, 18 de octubre de 2016

"Nun mundo onde sempre gañan os máis ricos, onde a voz que máis se escoita é a dos máis poderosos e a dos que máis luxos se poden permitir, quixémonos reunir, unha vez máis, para xuntar os nosos berros en contra da pobreza e para mostrar a nosa intención de non deixar a ninguén atrás. A choiva non nos detivo e o pasado sábado 15 de outubro estivemos de troula na Praza da Ferraría por motivo do "Día internacional da erradicación da pobreza". Tivemos música da man do grupo Migallas, un mercadillo do prezo xusto e estivemos informando a todos aqueles interesados na nosa labor." #inclusiónsocial#inclusionactiva #voluntariadoactivo#pobrezagalicia @boavida_ia

1 comentario: