jueves, 8 de diciembre de 2016

O NADAL É BOA VIDA

Boa Vida amplía polo Nadal o rastrillo solidario
Con esta ampliación continua coa labor solidaria e ecolóxica.

Solidaria ao iniciar novos acompañamentos formativos e ofertando xoguetes entre 1 e 15 euros.

 Ecoloxíca (consumo responsable) ao dar un segundo uso a xoguetes que rematarían no lixo


- Abrirá un novo local para a venda de xoguetes de segunda man con prezos de 1 a 15 euros, na mesma rúa Cruz Vermella no num. 16.
- A campaña “Nadal é Boa Vida” leva recollido xa 1.500 kilos de roupa
O “Nadal é Boa Vida” e é tamén o nome da campaña coa que Boa Vida quere colaborar coas familias pontevedresas en risco de exclusión social durante estas festas. Ante o bo resultado que está a ter a súa tenda solidaria situada no número 16 da rúa Cruz Vermella, a asociación abrirá a partir do próximo xoves (día 15) un novo establecemento de venta de xoguetes de segunda man, situado no número 12 da mesma rúa, ademáis de ampliar os seus horarios atendendo tamén os sábados de decembro entre as10 e as 13.30.



Entre ir a un ropeiro parroquial a pedir un abrigo ou pedir xoguetes e ir a unha tenda a compralos hai unha gran diferenza. O resultado é o mesmo, botar unha man a familias con necesidades, pero o xeito no que estas afrontan o duro de proceso de pedir axuda é menos traumático. Deste modo a tenda solidaria da Asociación Boa Vida Inclusión Activa, que cumple tres anos aberta, pretende “que o Nadal poida chegar a tódolos fogares”.


Pero o obxectivo deste rastro solidario non é so recaudar fondos para o colectivo, integrado por veciños pontevedreses que atravesan unha situación económica complicada. Ademáis de dar saída a roupa, calzado, bisutería, libros ou xoguetes de persoas que xa non os necesitan e a prezos moi baixos, o rastro solidario é unha ferramenta para formar e dar unha ocupación a persoas en situación de dificultade social e darlles unha oportunidade.

Incorporar novos bolseiros
Un compromiso social que se mantén nos tres anos que leva aberta a tenda solidaria grazas ás donacións de roupa e obxectos e aos clientes, cuxas compras permiten manter as bolsas de formación dos dependentes da mesma. Precisamente coa intención non só de manter estas bolsas senón de incorporar a novos becarios, coa campaña “Nadal é Boa Vida ” a asociación pretende recoller 3.500 kilos de roupa e calzado durante este mes e vender na tenda 6.000 euros, dos que polo momento xa levan 1.500 kilos de roupa e 1.395 euros recaudados.
Dende a asociación confían en lograr o obxectivo coa ampliación da tenda solidaria, onde se poderán mercar xoguetes a prezos económicos entre 1 e 15 euros. Un xesto co que non se lle dará so unha segunda oportunidade aos xoguetes, senón tamén unha saída digna a persoas con menos recursos.

Campaña de Nadal
Dentro de “Nadal é Boa Vida”, a asociación puxo en marcha unha campaña de recollida de roupa, na que están a participar o alumnado da Universidade de Vigo. Ademais do rastrillo solidario e como novidade, Boa Vida pide aos pontevedresesque incorporen a súa carta dos Reis Magos as peticións da asociación, que poderán encontrar nas redes sociais, coa esperanza de que “non haxa ningunha nai ou pai que non poida levar a alegría de ver aos seus fillos entusiasmados a mañana de Nadal abrindo o seus agasallos” e, en defintiva, “que este ano, o Nadal poida chegar a tódolos fogares”





No hay comentarios:

Publicar un comentario