jueves, 13 de julio de 2017

OBRADOIRO DE RECICLAXE E HABILIDADES SOCIAIS. MÓDULO V RECICLAXE E RECICLAXE TÉXTIL

Nos meses de xuño e xullo estamos a levar a cabo un obradoiro de reciclaxe e reciclaxe téxtil, iremos engadindo fotos sobre os traballos que están a aprender os nosos compañeiros de paso que compartimos vida e melloramos a nosa forma de estar, pensar e facer.

Agradecidas ao Concello de Pontevedra por facilitar o espazo na Casa Azul

GRAZAS!



Nesta semana aprendemos a reutilizar bricks, latas e envases de plástico e vidro mentras compartimos e desenvolvemos as nosas capacidades, grazas a todas e todos por vir e acompañarnos. 

 E grazas a Rubén o monitor que se adica á recuperación de oficios que nos ensinou a utilizar crin de cabalo e facer pinceis con madeira de árbores autóctonas!








                                Porque os pobres tamén sabemos e queremos traballar!


OBRADOIRO DE RECICLAXE E HABILIADADES SOCIAIS, MÓDULO IV BUSCA ACTIVA DE EMPREGO (BAE)


O pasado 6 de xuño realizamos un obradoiro de técnicas de Busca Activa de Emprego onde os nosos participantes puideron traballar de forma experiencial e adquirir algúns trucos e técnicas para mellorar a súa maneira de facer a busca de emprego. 

Moi satisfeitas coa participación e o interese mostrado
GRAZAS!





domingo, 2 de julio de 2017

NOVA APERTURA. BOA VIDA TENDA SOLIDARIA

MUDÁMONOS Á VOLTA DA ESQUINA

DENDE MAÑÁN LUNS 3 DE XULLO

 NA RÚA SANTA CLARA NÚMERO 35

https://www.google.es/maps/place/R%C3%BAa+Santa+Clara,+35,+36002+Pontevedra/@42.4322313,-8.6411951,17z/data=!3m1!4b1!4m5!3m4!1s0xd2f71c793e7794f:0xae5251c8dd517185!8m2!3d42.4322313!4d-8.6390064

AGARDÁMOSVOS

jueves, 15 de junio de 2017

O camión deste ano levou algo máis de 12tn grazas a vós

Grazas a todas as persoas que nos apoian. Lembra que se queres traer a túa roupa nos mudamos á Rúa Santa Clara número 35 o 3 de xullo.
Podes chamarnos para que recollamos o que non che serve 886160950


Incidencia política pola xustiza social no norte e no sur


DIA DO COMERCIO XUSTO
Estas son algunhas das fotiños da celebracion do pasado sábado do Dia do comercio xusto, na loita contra a pobreza no Sur e no Norte e polo comercio xusto. Tamén facemos incidencia política saíndo á rúa e celebrando








Nós tamén estivemos Participando contra prexuízos e #MentirasPobreza

No VIII Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva case 100 persoas en risco de pobreza ou exclusión denuncian os prexuízos e estereotipos que padecen todos os días e reclaman a liberdade de poder ser diferentes, con iguais dereitos.
Baixo o lema “Participando contra prexuízos e mentiras!” EAPN-Galicia celebrou o pasado 23 de maio a oitava edición do Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva,




Como todos os anos, este seminario supón unha oportunidade para cuestionar situacións da vida cotiá que impiden a plena inclusión das persoas, perpetúan situacións inxustas, alimentan estereotipos negativos e accións prexuiciosas. O fin último é un maior empoderamento e un nivel óptimo de participación real e efectiva das persoas na sociedade na que viven, defendendo e loitando polos dereitos fundamentais.

A esta xornada, coa que comezou a campaña #MentirasPobreza (unha etiqueta que tivo gran éxito en redes sociais durante gran parte do día), acudiron preto de 100 participantes (en situación ou risco de pobreza ou exclusión) das entidades membro da rede, buscando reflexionar sobre as barreiras que impiden a inclusión efectiva das persoas en risco de pobreza e/ou exclusión e reclamando os seus dereitos e dignidade.
Na primeira parte da xornada e nos 10 obradoiros locais previos, tratouse de identificar e dar visibilidade as mentiras, estereotipos e prexuízos que afectan ás persoas, coñecer por qué son mentira e reflexionar sobre o impacto que teñen na nosa vida persoal e relacional. Con todas elas construíuse entre todas este Muro das Mentiras.
A segunda parte da xornada dedicouse a dar resposta á pregunta Como lle facemos fronte as mentiras e qué propostas teño? Con todas elas construíuse este Muro da Inclusión.


Con todos os aportes recadados completarase un documento que servirá de base para a campaña informativa a través das redes sociais coa que se pretende dar visibilidade e romper a espiral de mentiras sobre persoas e colectivos en risco de exclusión.
Este documento, que continúa o camiño comezado en EAPN Andalucía coa súa iniciativaEstereotipos Invisibles, reunirá os prexuízos identificados, a argumentación que demostra obxectivamente a súa falsidade e as propostas para derrubalos.
http://eapn-galicia.com/participando-contra-prexuizos-e-mentiraspobreza/


jueves, 11 de mayo de 2017

OBRADOIRO DE RECICLAXE E HABILIDADES SOCIAIS MÓDULOS II E III


Estamos moi contentas co resultado deste obradoiro e queremos agraceder a participación e o interese mostrado polas persoas que asitiron

















OBRADOIRO DE RECICLAXE E HABILIDADES SOCIAIS
MÓDULO II. HABILIDADES SOCIAIS e PARTICIPACIÓN SOCIAL
(Voluntariado Boa Vida)

Organiza: Asociación Boa Vida.
Financia: Deputación de Pontevedra.

Ficha técnica

Obxectivos
·         Romper coa pobreza relacional a través do voluntariado
·         Mellorar as habilidades sociais a través da participación social
·         Informar sobre o marco legal do voluntariado social
·         Dar a coñecer misión, visión, valores e proxectos de Boa Vida

Contidos

1.    Voluntariado

1.1.        Que é?.  Lei estatal e autonómica de voluntariado
1.2.        Para que serve?
1.3.        Participación social a través do voluntariado
2.     Boa Vida como entidade para o voluntariado
2.1.        Misión
2.2.        Visión
2.3.        Valores
2.4.        Proxectos


Alumnado
Preferentemente que pertenza ao colectivo recollido na lei 10/13 De Inclusión Social de Galicia. art.3.1 e 3.3 1

Duración:
3horas. 1 día. Mércores 24,
Data de inicio prevista: Mércores 24 de maio de 2017
Horario previsto: de  10:00 a 13:00
Lugar de Realización: Casa Azul. Sala Valdecorvos.

Inscricións e información:


Oficina de Dereitos e Deberes Sociais.
R/ Marquesa 5, of A. Pontevedra.
De 10:00 a 13:00.Telf. 698 124 762.
Tenda Solidaria. R/Cruz Vermella 16.


 OBRADOIRO DE RECICLAXE E HABILIDADES SOCIAIS
MÓDULO III. ALIMENTACIÓN SAUDABLE E PRODUTOS IMPERECEDOIROS
Organiza: Asociación Boa Vida.
Financia: Deputación de Pontevedra.

Ficha técnica

Obxectivos

·         Fomentar unha actitude positiva de cara ter unha alimentación saudable
·         Ensinar receitas para o aproveitamento dos produtos imperecedoiros
·         Aproveitar un espazo informal para a práctica das nosas habilidades sociais


Contidos

1.    Alimentación saudable.

1.1.        Como comemos.
1.2.        Como mellorar os hábitos de alimentación.
2.     Alimentos imperecedoiros.  
2.1.        Sacarlle o maior partido a estes alimentos.
2.2.        Receitas alternativas con estes alimentos.


Alumnado
Preferentemente que pertenza ao colectivo recollido na lei 10/13 De Inclusión Social de Galicia. art.3.1 e 3.3 1

Duración:
6horas. 3 horas día. 2 días. Xoves 25 e venres 26 de maio.
Data de inicio prevista: Xoves 25 de maio de 2017
Horario previsto: de  10:00 a 13:00
Lugar de Realización: Casa Azul. Sala Valdecorvos.

Inscricións e información:


Oficina de Dereitos e Deberes Sociais.
R/ Marquesa 5, of A. Pontevedra.
De 10:00 a 13:00.Telf. 698 124 762.
Tenda Solidaria. R/Cruz Vermella 16.

viernes, 5 de mayo de 2017

Obradoiro de Cociña Oriental

Inscribete!! Ven a gozar con nós.
Pretendemos coñecer outras culturas e aprender formas solidarias de compartir o que xa non precisamos....

jueves, 20 de abril de 2017

Imos ir contando como vai a campaña "100 persoas 10 euros ao mes durante 12 meses ou 100*120" para seguridade social, salario, e gastos mantemento posto de traballo a media xornada de dúas persoas
 
Data Importe ano Importe ingreso num persoa Datos públicos
20/04/17 50 50 0,41 anonimo
20/04/17 120 120 1 Carmen Santos
Total recadado 170

Falta 11830

miércoles, 12 de abril de 2017

5 anos loita pola xustiza e apoio económico


Este é o deseño do noso chaveiro solidario, custa 2 euros, axudasnos a vendelos??
Queres facerte doante, e darnos o teu apoio económico?? envíanos mail....

Estimado señor/a

Tal vez coñeza a nosa actividade solidaria xa que nos ten entregado roupa e outros obxectos e quizais ten mercado na nosa tenda.

Como seguramente sabe, BOA VIDA, iníciase en Pontevedra. Un grupo de persoas “con problemas de todo tipo” en “situación de vulnerabilidade social” reunímonos para mellorar a nosa vida coa idea de dar participación e esperanza a todo o que quixer formar parte do grupo. Esta é a filosofía. A base é o traballo e a formación-acción participativa. Contamos co apoio do movemento “Traperos de Emaus Navarra.”


Hoxe BOA VIDA ten dúas áreas de acción:

BOA VIDA TRAPERA. Que se ocupa da recollida, manexo e venda de residuos útiles (roupa, calzado, etc). Os materiais recollidos selecciónanse, clasifícanse e véndense na tenda se son aptos para iso. O resto envíase para reciclaxe. Nestes momentos temos catro bolseiros formados, que fan recollida, selección, clasificación e atención na tenda; unha persoa contratada e, ademais, contamos coa colaboración de varios voluntarios.

OFICINA DE DEREITOS E DEBERES SOCIAIS (ODDS). Un espazo para intercambio de información e formación. Un espazo de apoio e tamén para defender e avanzar no logro de dereitos, tales como emprego, axudas sociais, vivenda… elabóranse itinerarios de inserción laboral. Nos últimos dous anos, demos información de calidade a 200 persoas, acompañamos en itinerarios de inserción a 50 e facilitamos formación en cursos a 120 persoas. Todo isto con apoio financeiro público (da Xunta de Galicia) e achegas solidarias de particulares .

Queremos que o proxecto de BOA VIDA TRAPERA siga camiñando de forma estable, igual que a vida das persoas que loitan por saíren da pobreza, por isto precisamos fondos cos que axudar a financiar a seguridade social e os custes do mantemento dos postos de traballo creados.

Dirixímonos a vostede para agradecerlle todo o apoio prestado até agora. Gustaríanos dar un paso mais e, por iso, invitámolo a que se faga doante. Achegámoslle o impreso que nos tería que devolver asinado si así o desexase


Entidades sociais galegas presentan “Rentaterapia” a campaña a favor de marcar o X Solidario na declaración da renda
· Un 33,4% dos contribuíntes non marcan ningún recadro, nin o de Fins Sociais nin o da Igrexa.
· 7.320 contribuíntes máis que no 2015 marcaron a X Solidaria, ainda así, recadáronse 301.814 € menos.
· Marcar un recadro non significa que se paguen máis impostos nin que che devolvan menos. Dos impostos que tocan pagar, o Estado permite que a persoa contribuínte decida a quen lle quere destinar o 0,7% dos impostos que ten obriga de pagar.

Santiago de Compostela, 7 de abril. As entidades do terceiro sector galego, representadas por EAPN-Galicia, CERMI-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, reuníronse esta mañá en Santiago para facer balance das cifras recadadas o ano pasado en Galicia mediante a asignación do 0’7% do IRPF ao recadro de Fins Sociais (Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social). Na rolda de prensa presentouse tamén a campaña do X Solidario deste ano “RENTATERAPIA”, que informa e anima ás persoas contribuíntes para que marquen o recadro de Fins Sociais á hora de facer a súa declaración da renda.

A vicepresidenta de EAPN-Galicia, Mónica Permuy, abriu o acto explicando que “cando se fai a declaración da renda existen catro posibilidades: marcar o recadro de Fins Sociais, marcar o recadro de Fins Sociais e o da Igrexa Católica, marcar só o cadro da Igrexa Católica ou non marcar ningún recadro. O que pretendemos con esta campaña, é animar á xente a que marque o recadro de “Actividades de interese xeral”, porque non estaremos pagando máis impostos, nin recibiremos menos cartos no caso de devolución: o que faremos será contribuir á organización de programas e proxectos para as persoas en risco de excusión social.”

“Trátase dun dereito que temos: escoller a onde van a parar os nosos impostos.”Lorena Seijo, representante da Coordinadora Galega de ONGD, realizou un balance das cifras recadadas a través do recadro Fins Sociais durante a declaración da renda presentada o ano pasado en Galicia. Seijo apuntou que “un 55% das persoas contribuíntes en Galicia marcaron o recadro de “Actividades de interese social”. Trátase de 7.320 persoas máis que en 2015. Aínda así, temos 560.237 persoas que seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 416.104 non marcaron ningún recadro e 144.133 só marcaron o da Igrexa). Se todas as persoas que non marcan nada optaran por participar, recadaríamos en Galicia un total de 25,5 millóns de euros (10,7 millóns máis)”

Pola súa banda, o vicepresidente e tesoureiro do CERMI-Galicia, Elías Palacio Verdini, enumerou os múltiples programas que se veñen beneficiando cada ano grazas á X Solidaria, “cada vez que unha persoa marca a X Solidaria na súa declaración da renda, está a colaborar para que as persoas en situación máis vulnerable poidan ter unha oportunidade de saír adiante. 

Neste sentido, Elías Palacio destacou a importancia que as entidades lle otorgan á transparencia nestes datos, “queremos apuntar que existe unha total transparencia por parte das ONG á hora de xestionar os proxectos que se realizan. O diñeiro recadadodestínase integramente a proxectos concretos que se presentaron previamente ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e en ningún caso se destina ás estruturas das entidades.”

O vicepresidente do CERMI recalcou para finalizar que “Marcar a X Solidaria non custa nada. Nin pagas máis, nin che devolverán menos, e ademais é importante recalcar que pódense marcar ambos os recadros (o da Igrexa, e o de Fins Sociais): ambas asignacións suman 0,7+0,7= 1,4%”