4 Colectivos propóñennos para
os premios CIDADE PONTEVEDRA
Dende o blog. Damos as grazas polo recoñecemento á nosa labor.
Os motivos entre os que se aduce para a proposta están:
- A súa importante laboura de inclusión social nos seus cinco anos de andadura, con atención a 200 persoas ao ano con 25 itinerarios personalizados e facilitando ingresos e formación para o traballo a a 8 familias o que lle permite romper o circulo da pobreza e principalmente da pobreza relacional.
- O traballo do reciclaxe téxtil, comezando hai dous anos, tendo nestes momentos unha tenda na rúa Cruz Vermella, ademais dun almacén principal, nos que por medio da reutilización de produtos de segunda man está a insertar a persoas en risco de exclusión. Unha media de 17.000 kg de roupa ao ano que evitan que vaia ao lixo e que fan que esa riqueza se quede na cidade xa que á a unica orzanización que fai todo o proceso de recollida, selección e reutilización na cidade, co cal os 103.000 euros xeneran riqueza que revirten na cidade en alugueres, compras e calidade de vida na que os pontevedredses teñen onde depositar a sua solidariedade cos seus veciños mails alá da caridade.
- A oficina de Dereitos e Deberes sociais que se dedica a información e acompañamento ás persoas con trámites administrativo-sociais.
- Traballo en formación. Posta en marcha, cofinanciados pola Xunta de Galicia, de talleres de refabricación téxtil, coiro, reciclaxe de tela de paraugas, creación de mobiliario con carcasas de vídeo, edición dunha guía de recursos sociais, etcétera.
- Cursos de inserción laboral contou con un curso de reciclaxe téxtil, outro de reciclaxe metálico (chatarra) en Pontevedra e en Vilaboa de instalación de fibra óptica, proximamente tamén cursos de reciclaxe de Poio e de Cambados.
- O seu carácter
de asociación NON LUCRATIVA
reinvestindo os seus beneficios en empregos das persoas que realizan
os traballos, créditos a 0% de xuros e en novas vías de reciclaxe
que poidan xerar máis actividade e polo tanto máis emprego. Equipo
humano de 30 persoas tanto en situación de exclusión como
voluntarios que queren loitar contra a pobreza e dan o seu tempo e
coñecementos...
- O traballo cooperativo en rede con outras asociacións:
- Formando parte da EAPN (Rede Galega Contra a Pobreza), da Rede de Consumo Responsable de Pontevedra (4 Ponlas), participando da rede de consumo de roupa sostible galega MOV3 ou apoiando á Campaña Roupa Limpa (de Amarante) para mellorar as condicións sociais e ambientais na confección das prendas.
- Cedendo roupa a
outras organizacións coma Rexurdir ou Cruz Vermella para a
atención de casos sociais de especial urxencia.
En Pontevedra a 5 de xaneiro de 2017