APOIO ECONÓMICO



Imos ir contando como vai a campaña: 

"100 persoas 120 euros ao ano" para seguridade social, salario, e gastos mantemento posto de traballo a media xornada de dúas persoas.


Nº de conta  A Banca: ES07 2080 5480 9830 40129689

12/06/2017

Xa temos máis de 13 persoas doantes
e levamos recadado 1.580 euros

Faltan: 10.420 euros

  
Chaveiros solidarios, 2 euros, tamén podes axudarnos a vendelos.






Carta para ti que queres colaborar dando apoio económico





Estimado/a amigo/a visitante do noso blog.

Tal vez coñeza a nosa actividade solidaria xa que nos ten entregado roupa e outros obxectos e quizais ten mercado na nosa tenda.
 
Como seguramente sabe, BOA VIDA, iníciase en Pontevedra. Un grupo de persoas “con problemas de todo tipo” en “situación de vulnerabilidade social” reunímonos para mellorar a nosa vida coa idea de dar participación e esperanza a todo o que quixer formar parte do grupo. Esta é a filosofía. A base é o traballo e a formación-acción participativa. Contamos co apoio do movemento “Traperos de Emaus Navarra.”

Hoxe BOA VIDA ten dúas áreas de acción:

BOA VIDA TRAPERA. Que se ocupa da recollida, manexo e venda de residuos útiles (roupa, calzado, etc). Os materiais recollidos selecciónanse, clasifícanse e véndense na tenda se son aptos para iso. O resto envíase para reciclaxe. Nestes momentos temos catro bolseiros formados, que fan recollida, selección, clasificación e atención na tenda; unha persoa contratada e, ademais, contamos coa colaboración de varios voluntarios.


OFICINA DE DEREITOS E DEBERES SOCIAIS (ODDS). Un espazo para intercambio de información e formación. Un espazo de apoio e tamén para defender e avanzar no logro de dereitos, tales como emprego, axudas sociais, vivenda… elabóranse itinerarios de inserción laboral. Nos últimos dous anos, demos información de calidade a 200 persoas, acompañamos en itinerarios de inserción a 50 e facilitamos formación en cursos a 120 persoas. Todo isto con apoio financeiro público (da Xunta de Galicia) e achegas solidarias de particulares .

Queremos que o proxecto de BOA VIDA TRAPERA siga camiñando de forma estable, igual que a vida das persoas que loitan por saíren da pobreza, por isto precisamos fondos cos que axudar a financiar a seguridade social e os custes do mantemento dos postos de traballo creados.


Dirixímonos a vostede para agradecerlle todo o apoio prestado até agora. Gustaríanos dar un paso mais e, por iso, invitámolo a que se faga doante. Solicitenos o impreso para facilitarnos os seus datos mediante un mail.
GRAZAS

Un cordial saúdo,

Pepa Vázquez

Coordinadora Boa Vida Inclusión Activa.








No hay comentarios:

Publicar un comentario