QUEN SOMOS

"Somos un grupo de persoas en situación de exclusión e os técnicos que as acompañamos"

Somos un grupo de persoas agradables con “problemas de todo tipo”, con “dificultades”, en situación de “vulnerabilidade social”, que nos reunimos para levar mellor a vida (opinar, acompañar, aprender, axudar, reivindicar, “ser referente”) coa idea de dar participación e esperanza a todo o que queira formar parte do grupo" 

Mulleres e homes de Pontevedra. Desempregadas coma ti, enfermos coma ti, nais de familia coma ti, xitanos coma ti, ex-toxicomanos coma ti, pais de familia coma ti, familias coidadoras coma ti.... persoas normales e corrientes, anónimas coma ti.

Así pensamos

FILOSOFÍA:  A nos a filosofía básase na solidaridade, na axuda  e no  traballo en equipo. Apoiámonos no lema EU NON ME RENDO. Queremos dar constancia de que todos xuntos podemos facernos máis visibles na sociedade.

MISIÓN: Traballamos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo

VISIÓN: Contribuir a construir unha sociedade xusta e inclusiva.

"Fronte a calquera sufrimento humano, dedícate non só a solucionalo no acto, senón tamén a loitar contra as causas que o producen”
                                                                                                                                        Abbé Pierre

nosa finalidade é axudar as persoas das nosas mesmas características, transmitindo información da existencia de asociacións de axuda e de diversas materias de interés. Tamén levamos a cabo actividades e cursos ao longo do ano, ás que invitamos a tólodos cidadáns, como unha medida para incluirnos na sociedade.

Actividades que realizamos: (actividades)

Na nosa actividade, funcionamos de modo participativo, apoiámonos no noso grupo de autoaxuda e relacionámonos con outras asociacións de fins similares. Somos membros da EAPN – Galicia, (Rede Galega de Loita Contra a Pobreza)

Cada 17 de outubro (día mundial de loita contra a pobreza) saímos a rúa  para expresarnos, visibilizarnos e despertar conciencias. Por desgracia, para nós tódolos días son 17 de outubro e, por iso, coa nosa actividade, esperamos que cada día menos persoas sufran a exclusión e as administracións públicas escoiten a súa voz que tamén é a nosa.

Historia


Nacemos no 2010, en Pontevedra, vinculados ao Equipo Municipal de Inclusión Social (EMIS) un programa municipal do Concello de Pontevedra, co peche deste servizo decidimos continuar a nosa andadura como asociación e despois de traballar no fortalecemento do grupo promotor rexistrámonos como Asociación Filantrópica Inclusión Social Activa Boa Vida, en febreiro do 2012.

Dous anos estivemos levando a cabo os fins recollidos nos nosos estatutos, principalmente no referente aos dereitos e deberes sociais, (actividades formativas, informativas e reivindicativas).

Cando estabamos a punto de disolvernos, recibimos o apoio (económico, técnico e humano) de Traperos de Emaús de Navarra. Decidimos manter a actividade e iniciar unha que a pesar de tela nos estatutos non eramos quen de pola en marcha, a actividade laboral.

No 2014 deseñamos o que é a nosa actual estrutura Oficina de Dereitos e Deberes Sociais (ODDS), e Boa Vida Trapera. Coa primeira mantemos diferentes proxectos financiados pola Xunta de Galicia, coa segunda iniciamos o proxecto de empresa de inserción. Recollemos 8000 kg de roupa, e calzado, e abrimos un rastro no Nadal.

No 2015, abrimos a tenda solidaria de forma permanente, seguimos recollendo roupa, calzado e outros obxectos en bo uso. Temos a memoria a disposición en documentos.
No 2016. Consolidamos a Oficina de Dereitos e Deberes Sociais, e Boa Vida Trapera, coa tenda e almacén e a compra dunha furgoneta. Ademais de estabilizar un equipo de traballo importante.

Se asombra o noso éxito, imaxinen o noso esforzo!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario